
Cociña Bonito.
"Porque é doado de preparar".

Guiso de Bonito do Norte Fresco
-
Ingredientes para 4 persoas:
• 300 g lombo de Bonito do Norte Fresco
• 1 cenoria
• 1 cebola
• 100 g feixóns
• 100 g tomate
• ½ cabaciña
• 100 g chícharos
• ½ pemento verde
• 2 dentes de allo
• 15 cl de viño branco seco
• 25 ml aceite suave
• pirixel
Forma de preparación:
Quentamos o aceite, refogamos a fogo vivo o Bonito do Norte Fresco cortado en dados e unha vez listo, retirámolo. Nese mesmo aceite, refogamos todas as verduras cortadas en tiras finas. Engadimos o Bonito do Norte Fresco, o viño branco e salpementamos. Deixamos cociñar durante 15 minutos e no momento de servir engadimos pirixel picado.
Cebiche de Bonito do Norte Fresco
-
Ingredientes para 4 persoas:
• 300 g lombo de Bonito do Norte Fresco
• 1 cebola
• 2 limas (pel e zume)
• 200 g de brotes de espinacas frescas
• 1 ovo duro
• Alfábega
• 1 limón (zume)
• pementa moída
• aceite de oliva
• Sal Maldón
Forma de preparación:
Limpamos o filete de Bonito do Norte Fresco e cortámolo en toros finos, estilo carpaccio. Nun bol, mesturamos os ingredientes do aderezo: cebola cortada en láminas, pel de lima en láminas, alfábega cortada, un pouquiño de sal Maldón, pementa e o zume de lima. Déixase o Bonito do Norte Fresco nesta mestura durante 1 hora. Para servir, colócase nun prato vistoso unha cama de espinacas, regadas cunha emulsión de zume de limón e aceite. Ponse o Bonito do Norte Fresco enriba, bótaselle a marinada feita previamente e engádeselle un ovo duro picado.
Bonito do Norte Fresco en coco
-
Ingredientes para 4 persoas:
• 300 g lombo Bonito do Norte Fresco
• 1 cebola
• 100 g de chícharos
• 1 cenoria
• 100 g feixóns
• 100 g tomate fresco, sen pebidas nin pel
• 1 lata ou 300 ml de leite de coco
• 80 g de cacahuetes tostados non salgados
• 20 g de oliva suave
• 15 g xenxibre relado
Forma de preparación:
Cortamos o Bonito do Norte Fresco en dados e picamos as verduras en anacos regulares. Quentamos o aceite, refogamos a fogo vivo o Bonito do Norte Fresco e retirámolo. Refogamos as verduras no mesmo aceite, engadimos os cacahuetes pasados polo morteiro, o xenxibre relado e incorporamos o leite de coco batido. Deixamos a fogo lento 15 minutos, salpementamos e servimos acompañado con arroz basmati.
Bonito criollo - Gañador do concurso "Bonito do Norte Fresco 08"
-
Enviado por Santiago Rodríguez
Ingredientes:
• 1 kg de Bonito o Atún fresquísimos
• 1/4 kg de limóns verdes
• 1/4 kg de laranxas de zume
• 2 Ajíes picantes (pode valer guindilla verde de Ibarra)
• 2 dentes de alloo
• 2 cebolas pequenas
• 1 culleriña moka de mostaza da de sempre
• 1/2 Mazorca asada de maíz doce por prato
• 1 kg de pataca boa de cocer
• 1 boa má de pirixel
• Outras leitugas variadas más Canónigos, Rúcula...
• 1 raíz de xenxibre
• 50 ml de Aceite de Oliva Peruano ou de Xaén
O pescado:
1. Conxélase un par de días antes para evitar que lle afecte o Anisakis.
2. Desconxélase no frigorífico dende 24 h antes.
3. Unha vez desconxelado, sécase cun papel de cociña.
4. Logo, trocéase en anacos de 2 x 3 cm.
5. Métese en auga salgada ½ h. para darlle corpo.
A salsa:
1. Co zume dos cítricos mestúrase a cebola, o allo, a guindilla o pirixel e o xenxibre picados, sunto cunha culleriña moka de mostaza.
2. Pásase polo chinés
3. Neste preparado, macérase o Bonito
4. Mentres, cócense as patacas 20 minutos.
A presentación:
1. Nunha fonte colócase unha base de patacas tibias
2. Rocíanse có aceite
3. Sobre as patacas, póñense as leitugas frescas cortadas en xuliana
4. Enriba, o bonito crú e macerado na salsa
5. Colócase nun lateral o maiz quente
6. Vértese a salsa e os ingredientes
Rollo de Bonito Fresco do Norte da aboa Chita e da súa neta- Gañador do concurso "Bonito do Norte Fresco 08"
-
Enviado por Mª Teresa Correa Fdez.
O meu truco está relacionado coa receita de rolo de bonito da miñá abóa asturiana, de Cangas do Narcea, refeita por min, é por tanto unha receita medio asturiana medio galega, a receita é a seguinte:
Ingredientes:
• 300 gm de bonito do norte fresco (unha rodaxiña mais ou menos)
• 100 gm de aceitonas verdes (unha bolsiña pequena)
• 100 gm de pementos morróns de lata (unha latiña pequena)
• 2 ovos cocidos.
• 1 ovo crú.
• 3 culleradas de pan rallado.
• 2 dentes de allo picados.
• 1 cullaradiña de sal.
• Un ramalliño de prixel ben picadiño.
Ingredientes para a salsa:
• 1 cebola picada.
• 3 culleradas de aceite de oliva virxe.
• 3 culleradas de salsa de tomate xa salgado (vale tamén tomate triturado)
• 1 vasiño de viño blanco (millor viño de cociñar ou Xerez)
Elaboración da receita:
Bótase nun recipente fondo, o bonito desmigado, as aceitonas, o morrón, os ovos cocidos e os allos, todo ben picadiño, engadese o sal, o ovo crú, o pan rallado e o prixel, amasase todo e faise un rolo procurando que quede ben pechadiño, despois pasase por fariña, e é eiquí onde aplicamos o noso proprio truco. E o truco consiste en que o rollo non se frite senón que que unha vez que está enrolado e pasado por fariña, envolvese ben en papel de aluminio e metese no forno quente a 180 grados durante media hora. Unha vez que pasou o tempo, sacase do forno e incorporase á salsa onde se deixa empaparse ben e cocer 5 minutos.
A salsa:
Pícase ben a cebola e rústrese no aceite, cando xa está, despois de 5 minutos, engadeselle o tomate e o viño de deixase ferver 3 minutos mais, logo se lle incorpora o rolo. A ventaxa de este truco consiste en que deste xeito o rolo de bonito non se rompe. E vai moito menos engraxado que si o fritiramos.
Bonito encebolado para 2 personas - Gañador do concurso "Bonito do Norte Fresco 08"
-
Enviado por José Javier González Bretaña
Ingredientes:
• 1 pemento verde
• 1 pemento vermello
• 2 cebolas
• 2 toros de ventresca de bonito
• aceite virxe extra e sal
Preparación:
Póñense a pochar cunha culler de aceite a verdura (cebolas e pimientos), durante uns 20-30 min, se sazonan. Noutra sartén cunha cucharada de aceite virxe extra márcanse os 2 anacos de bonito, previamente sazonados. Cando a cebola e os pimientos estean preparados, engádense os 2 anacos de bonito, tápase a cazuela, e déixanse 5 minutos. Sérvese o toro de ventresca e máis o pochado de verduras por riba.
Bonito ó Conde de Ximonde
-
Enviado por Margarita Neira García
Ingredientes:
• 1 kg de bonito en rodaja
• 4 cebolas
• Sal
• 2-3 culleradas de pementón doce
• 1/2 litro de aceite de oliva virxe
• 1/2 litro de vinagre de módena
• 1 folla de loureiro
• 1 rama de perixel
Modo de preparación:
Poñer na base de unha pota 2 cebolas cortadas finas. Salar o bonito en rodajas e colocalo enriba da cebola. Cubrilo coas outras duas cebolas cortadas tamén finas. Nun recipiente xuntar o vinagre co pementon e engadir o aceite. Botar esta mestura por enriba do bonito. Colocar a rama de perixel e a folla de loureiro sobre o bonito. Poñelo a cocer sobre 15 minutos controlando que estea feito. Servir frio despois de unhas horas de ser cociñado, acompañado de cachelos cocidos ou ensalada.
Bonito en escabeche
-
Enviado por Carmen Gonzalez
Ingredientes:
• 1/2 l Aceite de oliva
• 1 kg de Bonito
• 2 Cebolas medianas
• 6 Allos
• 1 Mazá
• Perejil
• Viño brancos Alvariño
• Vinagre de Módena
• Sal
Preparación:
Ponse o aceite con todos os ingredientes a lume moi lento, cando practicamente cocidos engádeselle o bonito por espazo de 15 minutos. Logo de frio métese na nevera e sérvese acompañado de patacas cocidas tapado coa súa salsa.
Bonito con aceitunas fritas
-
Enviado por Maria Teresa Antuña
Ingredientes:
• 1 kg de Bonito
• 1 vaso de viño branco
• 1 culler de fariña
• 3 ovos
• 1 cebola
• 2 culleres de miga de pan
• aceitunas sen óso
• aceite, alloo, perixil e sal
Preparación:
Picamos, moi fino, o bonito e a cebola (en picadora). Sazonamos con allo, pirixel e sal. A miga de pan remóllase en leite, escurrimos e agregamos á mestura. Engadimos os ovos batidos e a culleriña de fariña. Formamos con toda a masa uns rolos e colocámolos nunha cazola. Rociámolos con aceite e metémolos ao forno. Cando empecen a dourarse, os rociamos co viño branco. Podemos servir frio ou quente, adornado coas aceituna fritidas.
Preparación das aceitunas fritidas:
Envolvemos cada aceituna en besamel espesa, rebozamos en ovo batido e pan ralado. Fritimos en moito aceite ata que estean douradas.
Bonito á vinagreta
-
Enviado por Maria Teresa Antuña
Ingredientes:
• 1 kg de Bonito
• 6 culleres de cebola picada
• 1 culler de perixil picado
• 18 culleres de aceite
• 6 culleres de vinagre
• 2 ovos cocidos
Preparación:
Pónse a cocer o bonito nunha cacerola, cuberto de auga fria, cun anaco de cebola, un dente de allo, unha rama de pirixil, un anaco de limon e sal. Cando empeza a ferver, cocemos a lume lento durante 15 minutos. Logo déixase arrefriar no caldo e escúrrese. Quitamos a pel e as espiñas, poñémolo nunha fonte e cóbrese coa salsa vinagreta.
Receita de Bonito da avóa
-
Enviado por Carmen Blanco Sanjurjo
Ola, aí vos mando a miña proposta, e unha receita dá miña aboa que era moi sabia nisto de apoveitar as cousas de tempada e as cousas en xeral. Por iso na miña recieta se aproveitan ata as espiñas e a pel do peixe. Aí vai:
Ingredientes:
• 1 kg de bonito ca sua pel e as suas espiñas
• 120 grs de arroz
• 1/4 kg de mexilons
• 1/4 kg de berberechos
• 10 grs de algas que pode ser leituga de mar ou espaguetti de mar, dá que se atopa na praia ou comprada se non se coñecen.
• 1 cebola
• 1 vasiño de viño branco
• 1 vasiño de aceite y sal
Preparación:
Limpar o bonito cortando dados cadrados, reservando a pel, as espiñas e a cabeza. Refogar a cebola ben picadiña, engadir a pel e demais restos ata que solten a sua sustancia. Retirar. Engadir os mexilons e os berberechos ata que abran. Retirar e reservar, e depois engadir o viño branco e máis un litro de auga. Colar e salar ó gusto. Lavar o arroz e engadilo caldo, engadir as algas ó final dá cocción. Pasar o bonito na grella 1 minuto por cada lado, en ningún caso mais de dous minutos, xa que se volve seco e perde sabor. Servir o arroz dentro das cunchas dous mexilons poñendo enriba o bonito e decorar cos froitos de mar. E a gozar dun bocado intenso con sabor a mar!!!!! Agardo que vos guste Un bico. Carmen
Bonito con espaguetis e algas
-
Enviado por Laura Lestao Basanta
Remítovos esta receita do bonito con espaguetis e algas posto que e a miña favorita e ademais ten un sabor especial a mar, do cal sae o bonito. O bonito e típico do meu pobo e satisfaceme participar neste concurso.
Ingredientes:
• allos
• Sal
• Aceite de oliva
• Unha lata de algas de mar
• Pimienta de cayena
• Bonito de burela
• Spaguetes
• Caldo de marisco
A preparación é a seguinte:
Nunha pota bótase en auga un chorriño de aceite e cando comece a ferver engádese o sal e os espaguetes e déixanse cocer. Nunha tixola bótase un chorriño de aceite e córtanse un par de allos en láminas e déixanse dorar no aceite. Unha vez dorados retéranse e bótase o bonito previamente adobado con allo e sal e tamen o paso na tixola ata que esteña doradiño por fora e cocido por dentro. Noutra tixola aparte botase un chorriño de aceite de oliva e picanse uns allos minudiños e engádense tamen e duas pementas de cayena; unha vez dorados os allos retira as cayenas e engades as algas e un pouquiño de caldo de marisco, deixase pochar isto uns 5 minutos aproximadamente.
Finalmente para a presentacion nun prato bótanse os espaguetes formando unha cama. Logo bótase o bonito e as algas por enriba pinchando o bonito cun garfo para que lle entre mellor a salsa das algas e decórase cos allos laminados que utilizamos ao principio. Espero que vos guste a receita. Un saúdo.
Bonito con calamares para 4 personas
-
Enviado por José Javier González Bretaña
Ingredientes:
• 1 Kg de bonito limpo
• 4 calamares
• 2 cebolas
• 1 tomate
• 1 pemento verde
• 4 dentes de allo
• fariña
• 2 ovos
• auga e aceite virxe
• sal
Preparación:
Límpanse os calamares, e se trocean os corpos, deixando os tentáculos unidos ás cabezas. Disólvense as tintas nun vasito cun pouco de auga e sal e resérvanse. Límpanse e pican finas as verduras (cebola, tomate, pimiento e allo), e póñense a pochar. Cando todo estea ben dourado engádense os corpos de calamar troceados, coa tinta e un pouco de sal, e cócese uns 20-30 min. Cando estea feito, retíranse os anacos de calamar e triturase a salsa. Mestúrase esta salsa cos calamares retirados e resérvase. Córtase o bonito en rodaxas, sazónase e se reboza con fariña e ovo, e frítense en aceite ben quente. Tamén frítense os tentáculos noutra tixola con 2 dentes de allo.
Sérvese coa salsa como base e enriba os anacos de bonito e os tentáculos do calamar.
Bonito del Norte en cazola estilo Ornosa
-
Enviado por Pilar Suárez Pereira
Ingredientes para 4 persoas:
• Un quilo e medio de bonito fresco (catro ou cinco toros)
• 12 lagostinos fervidos e pelados
• 100 gramos de xamón montañés
• Un quilo de tomates maduros
• Un dente de allo
• Unha cebola pequena
• Un pemento vermello
• 500 cc. de aceite de oliva
• Unhas follas de perejil
Preparación:
Preparación da salsa: Na picadora desfacer os tomates, a cebola, o dente de allo, as follas de perexil, o pemento vermello e o xamón montañés. Poñer a mestura ao lume nunha tixola con 250 cc de aceite de oliva e fritir aproximadamente 25 minutos a lume lento e a salsa xa estará lista. Preparación do bonito: Lavar ben os toros de bonito, escorrelos nun coador, salgalos ao gusto e pasalos por fariña. Noutra tixola con outros 250 cc de aceite de oliva aproximadamente fritilos ata que estean dourados polas dúas caras. Unha vez dourados os toros de bonito, poñelas nunha cazola de barro, na que tamén engadiremos a salsa preparada anteriormente. Poñer na bandexa central do forno
Conserva de Bonito do Norte caseira
-
Enviado por Celia Pinaque Parrado
Ingredientes:
• 1 bonito
• caldo de verduras:
o 1 kg de cenoiras
o 1 cabeza de allos
o 1 cebola grande
o 1 manoxo de porros
o 1/2 pola de apio
o 1 folla de loureiro
o auga
o sal (abundante)
• aceite de oliva virxe extra
• botes de cristal
Preparacion do caldo de verduras::
Nunha pota grande pónse moita auga (5 litros) con abundante sal e tódalas verduras. Ponse a quencer e cando comence a ferver baixase o lume e deixase cocer a fogo lento 1 hora e media. Pasado ese tempo apagase o lume e deixase enfriar. Pídeselle a pescadeira que corte o bonito en rodaxas gordas (10 cm.) e que separe as ventrescas. No caldo de verduras, xa frio e limpo das verduras, colócanse os trozos do bonito. Ponse a quencer e cando rompa a ferver baixase o lume e deixase asi 1 hora e media. Pasado ese tempo, apágase o lume e deixase enfriar.
Pasadas varias horas, cando xa estea frio, sacanse os medallóns de bonito. Limpámolos das peles e das espiñas, quedando cada trozo dividido en 4 partes. Poñemos un pouco de aceite en cada bote, metemos os trozos de bonito. Cubrimos de aceite de oliva virxe extra e pechamos os botes. Colocamos os botes nunha pota con auga fria e poñemos uns trapos entre os botes para que non escachen. Dámoslle lume e cando comencen a ferver, deixamos ao bano maria 1 hora e media. Apagamos o lume e deixamos enfriar.
Cando o auga xa enfriou, sacamos os botes, secámolos e poñemolos boca abaixo enriba de papel de cociña. Si pasada unha hora non perdeu liquido xa se poden gardar nun sitio oscuro e fresco durante 3 meses e despois a COMER. Si ao poñelos no papel de cociña os botes perdesen líquido, entón vóltanse ferver.
Bonito á sidra
-
Enviado por Fina Rodríguez Fragela
Ingredientes:
• 1 kg de bonito
• 1 botella de sidra (3/4)
• 3 pementos verdes (eu procuro vermello, verde e amarelo, pero cunha clase soa tamén vai ben)
• 2 cebolas grandes.
• Fariña
• 1 ovo
• Sal
• Aceite
• Perixel
Preparación:
Picar as cebolas e os pementos e sofrilos (co aceite xusto, para que non sexa moi graxa a salsa). Despois dun rato, uns 15 minutos, engadir unha culler abundante de fariña e a sidra, e deixar cocer durante media hora. Pasar a salsa pola batedora e, si vemos que vai líquida, non votar todo o líquido. Debe quedar un pouco espesa. Limpar o bonito de espiñas, pel e sangue. Cortar anacos medianos (eu, dunha rodaxa de groso normal, saco os catro cachos que resultan) salalos, pasalos por fariña e ovo, e fritilos (2 ou 3 minutos por cada lado). Colocalos nunha tarteira e verter a salsa por derriba, que os cubra. Deixar facer 4-5 minutos. Servir nunha fonte, ou prato individual, colocando a salsa, derriba os anacos de bonito e espolvorealos co perixel. Acompaño o prato cunha patacas cocidas.
Nota
A receita non é orixinal miña pero poido dicir, segundo os comensais que a probaron que está boísimo o bonito preparado deste xeito. Eu, ademáis, fágoa con dous ou tres bonitos, conxelo e ¡como bonito todo o ano!, que é moi importante este detalle para quen disfruta comendo bonito.
Medallóns de Bonito con crema de cebola
-
Enviado por Martha Cebas Ezcay
General:
• 3 decilitro/s de aceite de oliva
• 1/2 kg de bonito fresco en medallóns de 50 gr
• 1/2 l de caldo de pescado
• 1/2 kg de cebolas
• 200 gramo/s de pemento verde
• 3 decilitro/s de viño branco
Preparación:
Quentar o aceite nunha sartén, engadir a cebola e o pimiento finamente picados, verter o viño branco e deixar reducir dez minutos a lume lento. Engadir o caldo de peixe moi quente e cocer durante quince minutos Triturar o conxunto e pasar por chinés e reservar. Saltear os medallóns de bonito cun pouco de aceite volta e volta. Verter a salsa sobre os medallóns e darlles unha fervedura.
Bonito con piñones
-
Enviado por Martha Cebas Ezcay
Xeral:
• 1 vaso de aceite
• 1 kg de bonito fresco
• 1 y 1/2 kg de cebollas
• 1 culler de curry
• 1 ovo batido
• 1 plato con pan rallado
• pementa
• 50 gramo/s de piñóns
• sal
• 100 gramo/s de uvas pasas
• 1 vasito de viño branco
Preparación:
Pele e corte en láminas as cebolas. Nunha cacerola poña medio vaso escaso do aceite a quentar e cando estea, bote as láminas de cebola, o curry, sal e pimienta e o viño. Remova ben todo e deixe que se faga a lume moi suave durante vinte e cinco minutos. Mentres poña as uvas pasas nun cuenco con auga templada e deixe que collan o auga. Quítelle ao bonito a pel e as espiñas, córteo en lonchas de dous centímetros de grosor, salpimente os anacos e páseos primeiro polo pan raiado, logo por ovo e logo outra vez por pan. Frítaos no aceite restante ata que estean doradiños. Resérveos á calor. Engada pasas escurridas e os piñóns á cacerola coas cebolas. Delle un par de voltas cunha culler de madeira e poña isto cubrindo todo o fondo dunha fonte de servir. Pode adornalo cunhas rodaixas de limón.
Ensalada de Bonito fresco, tomate e tomillo
-
Enviado por Martha Cebas Ezcay
xeral:
• 2 decilitros de aceite de tomillo
• 800 g de bonito
• folla de loureiro
• 2 decilitros de maionesa
• Pementa negra en grano
• sal
• 1 decilitro de salsa de tomate
• 200 gr de tomate limpo en dados
• tomillo
• 1 culler de vinagre de xerez
Preparación:
Cocer nun caldo de pescado o loureiro, o tomillo, a pimienta e o sal durante dez minutos aproximadamente. Engadir o bonito salado e sacalo do lume cando ferva, deixándoo arrefriar dentro do caldo de peixe. Aliñar o tomate có aceite de tomillo, sal e vinagre de xerez. Mesturar a mahonesa coa salsa de tomate. Poñer o bonito no centro do prato e decorar co tomate, unha vez escurrido, en coroa. Cubrir o bonito coa maionesa tomatada.
Sorropotun
-
Enviado por Roberto Pérez Marijuán
Ingredientes:
• 600 gr de bonito
• 1,5 kg de patacas
• 4 cebolas
• Aceite de oliva
• Sal
Preparación:
Trocéase o bonito en dados, e resérvase sazonado. Pícanse as cebolas moi finas, e dóuranse cun chorro de aceite a lume lento. Cando a cebola estea moi dourada, pero sen chegar a queimarse, engádense as patacas previamente peladas, e cortadas en anacos pequenos, remóvense o tempo necesario para que adquiran temperatura, e se remollan en auga ata cubrilas. Pónse o punto de sal ao guiso, tendo en conta a salgadura que aporta o bonito, e cócese a lume medio ata que as patacas estean listas. Despois incorpórase o bonito que se mantén de 10 a 15 minutos tapado, para guisarlo ao vapor.
Dificultade: Fácil
Tempo preparación: 50 min.
Comensais: 4
Rolos de Bonito
-
Enviado por Roberto Pérez Marijuán
Ingredientes:
• 1 culleriña de noz moscada ralada
• 3 ovos
• 2 dentes de allo
• 1 pizca de sal
• 1 ramito de perixil
• 600 g de bonito fresco
• 1 decilitro de aceite de oliva de 1º
• 150 g de fariña de trigo
• 1 copa de brandy
Preparación:
Esmagar cun tenedor mesturándoo todo moi ben cos ovos batidos e coa copa de brandy, os allos e o pirixel ben picados. Engadir a raladura de noz moscada e a pizca de sal. É importante que quede todo ben mesturado e a carne crúa do bonito totalmente desmigada. Quedará como unha pasta xugosa. Pásase esta pasta pola fariña ata que se poida dar forma a un par de pans consistentes. Frítense no aceite quente a lume medio. Compróbase que está feito por dentro cunha agulla ou pincho fino que sairá seco. Déixase arrefriar e preséntase totalmente frío, cortado en rodaixas e acompañado de rodaixas de tomate da horta e salsa maionesa, a gusto do comensal.
Dificultade: Fácil
Tempo preparación: 45 min.
Comensais: 4
Bonito á menta
-
Enviado por Caridad Rodríguez Pazo
Trátase dunha receita napolitana moi sinxela.
E bonito á parrila, pero un trozo suficientemente gordo para que quede marcado por fora, pero por dentro ten que quedar ao punto (semellante ao chuletón de tenreira). Bótaselle sal en escamas e un nada de aceite e ponse a grella ata que quede feito por fora. O sal queda dourado. Pónse nun plato e cúbrese con follas de menta e rocíase así cunhas gotiñas de limón. Acompáñase cunha ensalada de tomatiños cherry aliñados con vinagre de módena e aceite virxe. É exquisito, o contraste fresco da menta co sabor forte do peixe. O bonito alí ten distintos cortes moi sabrosos, pois ademáis da típica rodaixa, tipo merluza, tamén poñen o lomo ó largo, que queda moi xugoso.
¡Saúde¡
Albóndigas de Bonito
-
Enviado por Roberto Pérez Marijuán
Ingredientes:
• 600 grs. de bonito
• 2 dentes de allo
• 1 culler de perixil picado
• 2 ovos enteiros
• 1 cebola
• Pan rallado
• Fariña
• Aceite
• Sal
Ingredientes (para a masa):
• 1 pemento vermello
• 2 pementos chouriceiros
• 1 cebola
• Caldo de pescado
• 1 caciño de salsa de tomate
• Aceite
• Sal
Preparación:
En primeiro lugar, picar a cebola e o pemiento vermello e poñelos a pochar nunha tixola con aceite. Unha vez que as verduras están tenras engádense os pimientos choriceiros, o caldo de peixe e cócese todo durante 15 minutos. Tritúrase e pásase polo chinés. Engádese a salsa de tomate. Ten que quedar unha salsa gordiña. Pícase o bonito, e engádense os dentes de ajo moi picados, o pirixel, o pan raiado, os ovos enteiros e a cebola moi picada e pochada antes. Mesturamos todos os ingredientes e facemos unhas albóndigas que pasaremos por fariña e fritimos en abundante aceite.
Xa só queda poñer nunha cazola a salsa e as albóndigas e cocer todo xunto a lume suave de 5 a 10 minutos.
Dificultade: Fácil
Tempo preparación: 35 min.
Comensais: 4
Mariñado
-
Enviado por Xan Pereira
Envuelve unos lomos de bonito en plástico transparente de cocina y los dejas 2 horas en el congelador, para cortarlos después en trozos finos. En un plato, le añades unas rodajas también muy finas de cebolla y unas hojas de albahaca. Para hacer la marinada, emulsiona con corteza de lima el zumo de dos limones y de una lima, aceite, pimienta y ajo al gusto. Le añades la marinada al bonito y lo dejas en la nevera 1 hora.
Bonito con crema de pementos
-
Enviado por Gabriela Pumar
Corta unhas cebolas en cuarteiróns e os lombos de bonito en dados para facer unhas espetadas á prancha ou á grella, cubríndoas con sal ao rematar. Despois, a salsa conséguela triturando os pementos na batidora, xunto cun vaso de aceite de oliva e unha cullerada de vinagre de módena, sal e pementa ao gusto.