bonito galicia
Galego | Castellano
Aquí facémolo bonito
  • PESCA TRADICIONAL
  • PRODUTO DE ETIQUETA
  • PRODUTO FRESCO
  • PRODUTO NATURAL
  • COCIÑA BONITO

Unha pesca tradicional.

"Porque a súa captura é respectuosa co medio".

logo da conselleria
  • Galego
  • Castellano
  • Pesca tradicional
  • Produto de etiqueta
  • Produto fresco
  • Produto natural
  • Cociña bonito
Aquí facémolo bonito

Unha pesca tradicional.

"Porque a súa captura é respectuosa co medio".

Unha pesca tradicional

Dende hai séculos a pesca do Bonito do Norte, por parte da frota galega, realízase polo método do corricán (pesca con anzol), aínda que en ocasións tamén se realiza polo sistema do cebo vivo. Estas dúas artes utilizan a cana e o anzol, o Bonito do Norte péscase un a un, e permite unha selección dos exemplares, unha pesca selectiva que contribúe ao mantemento da especie e a non captura accidental doutros exemplares. Cada peza de bonito chega aos nosos mercados coa máxima frescura.

Corricán: os atuneiros despregan longas "perchas" con anzois polos dous lados (adoitan ser pequenos polbos de plástico). Os atúns seguen o ronsel dos cebos camuflados e voraces morden o anzol. Son izados a bordo á man ou con carretes un a un.

Cebo vivo: os barcos pescan primeiro a anchoa ou o verdel que utilizarán como cebo, e mantéñeno vivo nas embarcacións. Logo de localizar o banco de bonito, lanzan o cebo vivo xunto ao barco, ao tempo que dirixen fortes chorros de auga para que pareza que "ferve" pola cantidade de anchoa. Os bonitos excitados soben á superficie e lánzanse sobre os peixes vivos ou metidos no anzol. A extracción con cana realízase igualmente un a un.

imaxe bonito do norte fresco logotipo femp
Xunta de Galicia
CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso legal
CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en Internet pola Xunta de Galicia.
Atención á cidadaníaAccesibilidadeAviso legal